Buen momento para seguir abundando en uno de nuestros tópicos favoritos -el llamado «Santo pucheirazo»- pues, como cuenta el historiador nacionalista Carlos F. Velasco Souto, el estatuto de 1936 "está na base de todo o que veu despois, incluído o teito autonómico en que, para ben ou para mal, hoxe nos movemos".
Sobre aquel episodio -y su personal sentido de la legitimidad- nos cuenta el autor en su libro Galiza na II República (Ed. A Nosa Terra, Historia de Galicia, nº19, 2000, págs.130-2) lo siguiente (las negritas son mías):
Luces e sombras dunha conquista histórica
O ansiado plebiscito do Estatuto de Autonomía da Galiza tivo finalmente lugar o 28 de xuño de 1936, logo dunha campaña na que, como vimos, participaron todas as forzas integrantes da Frente Popular, sob a batuta dinamizadora do PG. Votaron a favor 993.351 galegos e galegas, dun censo estimado en 1.134.135 persoas, en tanto 6.161 emitiron voto negativo e 1.451 en branco. O quorum exixido pola Constitución, 895.423 votos afirmativos, foi portanto ultrapasado en case 98.000 (exactamente 97.928).
A vitoria foi abrumadora, debéndose a insignificancia dos sufraxios negativos á abstención propugnada polas direitas. Porén, a altísima taxa de participación (próxima ao 75%) denota unha fraude de dimensións considerábeis, por canto en ningunha eleición anterior se alcanzara, nin de lonxe, semellante índice no noso país. A verdade é que, sen unha certa marxe de manipulación, tería sido imposíbel cumprir a draconiana exixencia da Constitución republicana de que os votos afirmativos superasen os dous terzos do censo eleitoral galego. O mesmo Castelao ten recoñecido posteriormente a mistificación, aducindo a inxustiza e falta de realismo dun preceito como o devandito, que impuña na práctica unhas condicións democraticamente inacadábeis.
Por outra parte, non deixa de ser significativo o facto de o decreto ministerial relativo á plebiscitación establecer explicitamente mecanismos de intervencionismo nesta, sen precedente de ningunha caste nos referendos dos Estatutos catalán e basco: descortesía e arbitrariedade extremas para con Galiza, que diría Castelao. Como rechamantes son, tamén, a ausencia de reclamacións acerca dos resultados (outra cosa foron as acusacións de corrupción eleitoral feitas informalmente a posteriori), e a nula utilización por parte das direitas dos mecanismos de intervención antes aludidos.
Polo si ou polo non, o caso é que o triunfo do si no plebiscito foi lexitimado como válido. O día 15 de xullo unha comisión representativa do Comité Central de Autonomía, con asistencia de autoridades republicanas e diversos deputados do país, entregaba solenemente ao Presidente das Cortes o proxecto de Estatuto Galego. Dous días máis tarde era recibida esta mesma comisión polo Presidente da República, Manuel Azaña, por mediación de Castelao. Vencidas tantas dificuldades, só restaba -e non era pouco- a discusión e, no seu caso, ratificación parlamentar. Pero niso chegou o Alzamiento e novos e gravísimos abrollos se viñeron sobreimpór aos anteditos. Coa guerra e a resistencia anti-fascista polo meio, o Estatuto non tomou estado parlamentar até a reunión de Cortes celebrada en Montserrat o 1 de febreiro de 1938. E para iso grazas, unha vez máis, ao celo e teimosía de Castelao que, axudado por González López, conseguiu impór na orde do día a súa apresentación, para escándalo de non poucos repúblicos e indiferenza -senón obstrucionismo- dos socialistas. Habería que esperar aínda ás Cortes de México (isto é, á sesión das Cortes da República Española no exilio celebrada, nesa capital americana, entre o 7 e o 9 de novembro de 1945) para o Estatuto ser finalmente aprobado. Nunca puido entrar en vigor e, como queda dito, non era máis que un primeiro paso no camiño do pleno recoñecemento do carácter diferencial da Galiza. Pero está na base de todo o que veu despois, incluído o teito autonómico en que, para ben ou para mal, hoxe nos movemos.
Y a continuación el pasaje citado de Castelao sobre la "mistificación" en Sempre en Galiza (Ed. Akal, 1977, pág.201):
Galiza é unha nación perfeitamente diferenciada; pero a súa vontade política non podía compararse coa de Cataluña e a do País Vasco, o que non é motivo para negarlle o dereito a ser libre. ¿Mideuse algunha vez a vontade política do povo hespañol para saber se Hespaña debe ou non ser independente? Galiza tivo sempre unha “élite” de homes capaces de rexila (rexiron a Hespaña moitas veces e souperon mantela en paz) e non se pode medir a capacidade d-un povo pol-os resultados d-un referendum, e menos ainda por un referendum que as torpes eisixencias da Constitución obrigaban a mistificar. Por esto nos estábamos collidos antre dous deberes e sacrificamos todo ante a ideia de presenta âs Cortes da República o noso Estatuto e lograr a súa promulgación. Dispois xa non teríamos máis que un deber: salvar a Galiza i engrandecela. Pero ese “dispóis” non chegou.
Los nacionalistas siempre fueron unos bergantes. Recomiendo "Nueva historia de España", de Pío Moa, para conocer la verdad de muchos hechos históricos.
ResponderEliminarYo no recomiendo la lectura de ningún libro, aunque todo ayuda. Simplemente recomiendo hacer un retrospectivo repaso a nuestra historia más reciente desde la perspectiva de nuestras vivencias y conocimientos.
ResponderEliminarComprobaremos con ello que vivimos rodeados de mentira y despotismo, algo que el asunto de esta entrada, muestra que la situación no es nueva.
Sin embargo, para mí, lo de hoy en día es un flagrante despotismo más que un pucherazo, y me deprime comprobar que una sociedad con unos niveles de información y… “cultura”, por encima de la de nuestro abuelos, se deje llevar de una forma lanar por la senda que nos traza esta banda de déspotas.
Acabamos de entrar en un nuevo período. Hemos quemado etapas mucho más rápido de lo que algunos pensaban.
ResponderEliminarVeremos qué ocurre en los próximos meses.