lunes, 13 de agosto de 2007

El poema Francófilo de Darío Xohán Cabana

[Tomado del libro "Os poetas galegos e Franco" de Alonso Montero]

UN SOLDADO DO EXÉRCITO ESPAÑOL, FORZADO, EN 1974, A ESCRIBIR UNS VERSOS FRANCOIDES

O soldado, destinado, en Vigo, no Gobemo militar, xa tiña daquela un nome literario de certa importancia. Titúlase o poema, en tres partes, «Canto á bandeira», e é a terceira, «Dedicatoria», a que ten sorprendido máis a franquistas e antifranquistas. Empeza así esa «Dedicatoria»:

A ti, meu Xeneral e Caudillo de España,

te envío iste cantar feito de grana e ouro.

Éche fillo d’a terra e d’o mar que a baña

e os ventos do mar cho cantarán a coro.

Escribiu estes versos, que o Exército publicou 1, o soldado Darío Juan Cabana Yáñez, de 22 anos de idade. Daquela, Darío Xohán Cabana xa publicara tres poemarios de interese: Verbas a un irmao (1970), Home e Terra (1970) e Romanceiro da Terra Cha (1973); tamén publicara en 1973, co pseudónimo Daniel Méndez O'Donell, un folleto clandestino co título Mortos porque [sic] Galicia viva, que consta destes catro poemas: «Alfonso Daniel Rodríguez Castelao», «Alexandre Bóveda», «Roi Xordo» e «Daniel Niebla e Amador Rei». Publicado en Xenevra, chegou, por algún fadairo, un paquete destes folletos, semiaberto, ó Goberno militar, momento desde o cal o soldado

Darío Cabana vai vivir nunha atmosfera de presións e de ameazas graves. Non ignoraban os seus mandos que o soldado Darío Cabana era escritor en galego e que, como cidadán, non discrepaba da ideoloxía dos personaxes cantados, por quen fose, no folleto agora en poder do SIM vigués. O Servicio de Información Militar sabía, sen dúbida, que o soldado Cabana traballaba, na súa vida civil, nunha editorial «galeguista», a editorial Castrelos (de Xosé María Álvarez Blázquez), e non ignoraba que Darío Cabana algunha vez tiña disertado sobre temas preocupantes na Asociación Cultural de Vigo, institución moi vencellada á UPG, partido ó que pertencía Darío Xohán Cabana. Eran datas aquel as nas que o Darío, moi novo e moi idealista, vivía con paixón a teoría e a praxe nacionalistas, paixón que, ás veces, levouno a ser unha miguiña inxusto con persoas (menos mozas pero non menos idealistas) que non estabamos de cheo no discurso por el arriscadamente defendido.

Os que coñezan o Exército tardofranquista entenderán ben a situación moral de medo dun soldado das características políticas de Darío Xohán Cabana, un medo que, en ocasións, pode alienarnos. Nesas ocasións é cando os seres humanos necesitan a axuda, o criterio e o equilibrio de persoas que poden facer(nos) unha lectura menos dramática da realidade e dos seus perigos, persoas que quizais o Darío non atopou, neses concretos momentos, no seo da súa familia política. Cónstame que pasou por situacións nas que chegou a pensar en algo terrible, no peor: un Consello de Guerra. Aquí as cousas, alguén que se chama Darío Cabana escribe desde o seu máis vulgar heterónimo uns versos que o Exército Español de Franco publica como se fosen do verdadeiro ortónimo. Foi, pois, o Exército quen os publicou e, en certo modo, quen os escribiu (mutatis mutandis, Celso Emilio Ferreiro viviu unha experiencia semellante, en plena guerra civil, en 1937).

O historiador ten a obriga, no caso destes dous poetas, de non ocultar este episodio das súas biografías literarias, obriga que comporta contextualiza-lo feito con rigor (e sen prexuízos). De tódolos xeitos, estes versos non van máis alá, na biografía literaria e política dos seus autores, da árbore (do cativo arbusto) que non nos debe impedir ve-lo bosque.

Por outra parte, no caso concreto de Cabana e dos seus versos máis polémicos, teño a impresión de que son, case sempre, aínda considerados como retóricos, ruinceiros. Repárese nos catro primeiros da «Dedicatoria» onde atopamos un abracadabrante teísmo («te envío este cantar»), unha superlativa cursilería («este cantar feito de grana e ouro») e mesmo unha discutible colocación do pronome átono («cho cantarán a coro»). A forzada laudatio remata cunha metáfora que ningún apoloxista sincero descubrira en Franco: «ollos de metal». Con estes modos lingüísticos, o autor, Darío Xohán Cabana, sen deixar de obedecer, vingábase.

_______

1 Na revista da Capitanía Xeral Finisterre (1974). As mesmas autoridades militares enviaron os versos a tódolos periódicos galegos (ou a case todos). Eu sigo a «edición» de El Progreso (Lugo, 25-8-1974), que amosa este encabezamento: «Darío Xohán Cabana, joven poeta chairego que actualmente cumple su servicio militar en Vigo, ha escrito los siguientes poemas, dedicados a la Bandera Nacional y al Caudillo, que ofrecemos a nuestros lectores». O tríptico aparece asinado, nesta edición, por «Xoán Cabana (Xoán Soldado)».

Post scriptum. Non podo asegurar que Finisterre publicase estes versos. Comunícame Xosé Fortes que un militar amigo seu consultou os números da revista nun arquivo madrileño e que ningún dos correspondentes ó ano 1974 acolle os versos de D. X. C.

*****

UN POETA SOLDADO (RETÓRICO): DARÍO XOHÁN CABANA, 1974

A ti, meu Xeneral e Caudillo de España

te envío iste cantar feito de grana e ouro

Eche fillo d’a terra e d’o mar que a baña

e os ventos do mar cho cantarán a coro.


Meu señor Xeneral, nunca máis faiga falla

derramar sangue de homes pra defender o chan,

mas si chegara o intre d’a groriosa batalla,

non faltarán soldados que â patria gardarán.


Hasta a morte se bata n’ista terra inimigo,

aquí que tantas veces houbo que batallar.

Valerosos soldados a defendan contigo

e nengún inimigo profane o noso lar.


E coroas de groria poñeránse n’a terra

onde enterren ô morto pol-a patria d’os homes.

Mortos heroicamente en xusta e nobre guerra,

xeneraciós futuras lembrarán os seus nomes.


E a tua fronte se ciña de ramos de loureiro,

coróa de victoria pra ti, meu Xeneral,

español e galego, noso norte e guieiro,

de fronte altiva e nobre sobre ollos de metal.


Xoan Cabana

(Xoan Soldado)

(El Correo Gallego, 17-8-1974;

El Progreso, 25-8-1974;

El Pueblo Gallego, 28-8-1974)

*****
Ver también:
- Cuando Xerais censuró a Alonso Montero.
- El poema Francófilo de Celso Emilio Ferreiro.
- ¿Fue Francófilo Álvaro Cunqueiro? Y un soneto a José Antonio Primo de Rivera.

5 comentarios:

  1. Muchas gracias por la publicación de estos poemas. Este episodio me parece muy interesante. No tanto por la supuesta o posible gravedad de los poemas, que no se me hace tan importante, sino por la censura en sí de la editorial.
    Incluso en un asunto menor y tan banal como éste tenían que objetar y tratar de ocultar lo que, al fin y al cabo, es un hecho histórico.
    Como dice AM: "o feito de que omitilos nun traballo desta índole constituiría unha grave manipulación do acontecer histórico e literario".

    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Es curiosa a la par q extensa la ocultación que se hace de las afiniades franquistas de buena parte de los escritores e ideólogos del nacionalismo. A mi personalmente siempre me llamó la atención que distingan dos etapas de la vida de Risco (cuando era alguien y cuando no). Naturalmente, era alguien cuando ideó las bases del nacionalismo (De corte pro-nazi, creo que incluso declarado) pero dejó de ser alguien cuando se declaró pro-franquista...que cosas,no?

    ResponderEliminar
  3. Mucho miedo tuvo que tener Cabana para que en el 74 se sintiera obligado a escribir ese poema. En ese momento, familiares míos tenían que hacer la mili, represaliados, en las peores condiciones posibles. Y no por ello hubieron de hacer manifestacoines públicas de fidelidad ni exaltación al régimen. En fin, será un caso especial. En todo caso, lo más significativo de esto es la ocultación de este y otros poemas de autores emblemáticos paral os nacionalistas.

    También coincido con Metternich: hubo galleguistas (nacionalistas de aquella época) que se sintieron afines al franquismo o al falangismo. Como nadie quiere investigarlo, apenas se conocen los datos.

    ResponderEliminar
  4. Lamentable querer ocultar a historia recente. Dario pasauno moi mal cando tivo que este poema de maneira especial fixenronllo pasar moi mal os seus afins que non moveron un dedo por el.

    ResponderEliminar
  5. Pois eu penso que, como tantos outros, o Cabana ben podía estar calado e non louvar deste xeito o franquismo. En fin, cousas dun bedel sen preparación... Agora seica é un intruso que, sen ningún tipo de estudos, está á fronte das cousas culturais e publicistas do Concello de Lugo, onde el mesmo se autoedita. Tristento!

    ResponderEliminar