(Otros tal vez prefieran inclinarse por Rékila que al menos procede de un personaje real)
En un artículo publicado en el Faro de Vigo el pasado sábado (que reproduzco al final de esta entrada) el Sr. Méndez Ferrín se lamenta por el hecho de que las "componentes [célticas] de la peculiaridad gallega" hayan desaparecido desde el punto de vista político (la figura de Breogán es ahora tan sólo un "sueño político"). La culpa, al parecer, es mayormente de Castelao por seguir "la línea analítica de Stalin" pero todavía se puede valorar positivamente el hecho, siempre en opinión de Méndez Ferrín, de que permanezcan tales componentes en el "sentimiento de la mayoría de los gallegos".
Eso es lo importante: que se mantenga el mito, para seguir jugando.
¿Internet? ¿Second Life? ¡Esos son unos principiantes! Les queda por dar el salto definitivo al mundo real.
Termino con una frase que pide mármol:
Breogán constitúe hoxe un mito útil para a emancipación dos galegos secularmente colonizados e constrinxidos ao autoodio. Breogán é a efixie mesma do orgullo galego na hora en que escribo.Mucho se oye hablar últimamente del autoodio. Precisamente por parte de aquellos que no están a gusto consigo mismo. Por eso abrazan una mitología sugerente y se sumergen en ella.
[Actualización]
Para resaltar lo antedicho me envían esta ilustración hecha precisamente por súbditos de la literatura fantástica nacionalista,
Y por cierto, Beiras tenía al menos en esto la lucidez suficiente como para decir que eso de la «nazón de Breogán» le parece un «cachondeo» y que «mejor sería poner «nación cañí».
***
X.L. Méndez Ferrín - No fondo dos espellos (Faro de Vigo, 18 de agosto de 2007)
Nazón de Breogán
O nacionalismo, ao se conformar canda o Rexurdimento no século XIX, incluíu entre as compoñentes da peculiaridade galega a condición de o noso pobo ser celta. Pro, desde o punto de vista político, ese celtismo desapareceu do ideario nacionalista de forma definitiva cando Castelao, despois dunha experiencia profunda de Frente Popular durante a Guerra Civil, definiu Galicia como nación seguindo a liña analítica de. Stalin (Sempre en Galiza). Que o nacionalismo prescindise, como ideoloxema político, do celtismo, non quer decer que tal celtismo desaparecese do sentimento da maioranza dos galegos, que seguen a se considerar membros dunha comunidade de afinidades na que Galicia é nación familiar de Bretaña, Gales, Cornoalla, Man, Escocia e Irlanda; ou sexa: os actuais países -case todos sen estado e entusiastas da gaita- de lingua celta conservada até o presente ou perdida en tempos modernos. Iso si: nin hoxe nin no pasado ninguén sentíu eiqui ser parte constitutiva da herdanza de Galicia o universo galo, gálata, celtíbero nin calquera outro posibel elemento celta continental. O celtismo nacionalista galego só se recoñece irmandado cos celtas das IIlas Británicas e a Bretaña por eles colonizada. E é eiquí onde xorde a figura de Breogán como símbolo nacional popular de Galicia.
Seica foron Benito Vicetto e Manuel Murguía os introductores do mito de Breogán no imaxinario nacional noso. Fixéronno nos respectivos prefacios das súas historias de Galicia, que viron simultaneamente a luz en 1865. Daquela ningún dos dous coñecía os textos irlandeses que falan de Breogán, incluído o principal deles que é o Lebor Gabála Eréann. Segundo Fernando Pereira González, Vicetto e Murguía só coñecerían Breogán indirectamente a través de dúas obras, hoxe raras: a Iberia Phoenicia de Joaquín Lorenzo Villanueva (1831) e a Etruria Céltica de William Bertrand (1842). Só despois de 1884 difundiríase entre os círculos galegos ilustrados a traducción francesa do Lebor Gabála feita por Henri Lazeray e William O'Dwyer, editada en París naquel mesmo ano. Probabelmente Pondal xa lera en 1890 esta traducción do Lebor ao francés e sen dúbida tamén Murguía, quen a utiliza no primeiro tomo da segunda edición da súa Historia de Galicia (1902). Unha traducción anónima de varios pasos do Lebor Gábala foi difundida na revista Nós, ano 1931.
Foi Eduardo Pondal, sen dúbida, no poema Os Pinos que habería de se convertir en letra do Himno Galego, quen fixo de Breogán o símbolo identitario da patria galega. Cos materiais fornecidos polo Lebor Gabála aparece un antecesor celta dos galegos que fora capaz de fundar Brigantia/Cruña e de edificar a Torre para a esculca e coñecemento do Mundo e que deixou unha descendencia que conqueriu Irlanda e a deixou unida a nós por sempre. Fogar, grei, nazón de Breogán repítese todo ao longo do poema pondaliano e en todas as súas estrofes cantabeis. Ao se difundir a letra do Himno Galego entre as multitudes, o nome de Breogán penetrou fondamente nas conciencias e na sentimentalidade colectiva e uniuse á vindicación nacional e á aspiración á redención final de Galicia.
Hoxe son moitas as entidades culturais, deportivas, mesmo comerciais, que, querendo enfatizar o seu galeguismo, adoptan o nome de Breogán. Cada vez en maior número son inscritos nos rexistros civís nenos co nome de Breogán. É verdade que o celtismo desapareceu da doutrina do nacionalismo galego, pro non o é menos que un celtismo cultural e un sentimento de afecto colectivo polos pobos dos Fisterres Atlánticos (con historias de opresión e dependencia semellantes á nosa) é hoxe moi forte, o que se proxecta na literatur e na música. E ben, a figura de Breogán, nesta situación, é xeralmente aceite como emblema público. Mesmo na actualidade, cando a ciencia lingüística discute sobre dunha final celtificación prerromana de Galicia, diversa da celtíbera, e cando a difusión da teoría de Alinei sobre a continuidade neolítica comeza a ser considerada, a figura de Breogán -naturalmente, un soño político- está a vivir nun medio intelectual que lle resulta moi favorábel. En todo caso, Breogán constitúe hoxe un mito útil para a emancipación dos galegos secularmente colonizados e constrinxidos ao autoodio. Breogán é a efixie mesma do orgullo galego na hora en que escribo.
Observación transfronteiriza. Acabo de xirar a visita a Pitões (para nós, Pitós) das Júnias, “a aldea máis alta de Portugal”: Alí, naquel teito do mundo transmontano e barrosón, houbo un priorato que dependeu de Oseira até o liberalismo do séxulo XIX. Dendesde Pitós óllanse moito ben os picoutos arraianos da Fonte Fría (Serra do Xurés) nos que hogano volven choutar ceibes as cabras galaicas. Vin que en Pitós abriron unha taberna chamada TERRA CELTA.
----Buzón----
Úrsula e Bruma, dúas galegas proirlandesas que exploran os Ancares (os administrados por Castela-León, máis intensamente protexidos), escribenme por me preguntar sobre o bardo Amirgin e verbo dos Tuatha De Danan de que falabamos a propósito de Breogán no pasado Fondo dos Espellos. De Amirgin di o Lebor Gabála Eréann que, sendo da estirpe de Breogán, naceu de Scota na Torre da Cruña. Os versos que eu lle parafraseei eiquí non serán senón un pálido reflexo da grandeza orixinal. Julius Pokorny púxoos en alemán e, desde esta lingua, Cilistro F. de la Vega e Ramón Piñeiro fixeron famosa traducción ao galego (Cancioneiro da Poesia Céltica) a meados do século pasado. Neste, e dentro do seu ciclo poético irlandés (As arpas de Iwerddon), Luz Pozo Garza, en valiosísimos versos, foi algo así como a mediadora contemporánea da poesia de Armigin.En canto aos Tuatha De Danan, eles eran os habitantes de Irlanda, segundo o Lebor Gabála Eréann ou Libro da Conquista de Irlanda, antes da chegada á Illa dos Gaels ou Gaélicos que, procedentes de Brigantia ou sexa Galicia, os derrotaron. Eu non son experto, pero, ousado, púxenme a consultar a partir da demanda de Úrsula e Bruma, que andan moi felices polos Ancares. Hai quen di que Tuatha De Danan quer decer “O Pobo das Deusas Danan”. Pro eu coido que non debe de ser tan así. Primeiro, o antigo irlandés tuath significa efectivamente “pobo, nación” (non esquenzamos a inscripción limiá perdida que fala dun CROUGIN os deus da nación ou tribo que se di TOVDA DIGOE). É que a raíz *teuta- tivo un enorme éxito no universo indoeuropeo, especialmente na Alemaña (deutsch, Deutschland). Segundo, en antigo irlandés de, xenitivo de dia “deus”, é palabra procedente dun feracísimo indoeuropeo *deiuo-s-, sempre relacionado coa Luz, o Dia e a Divindade. Terceiro, un antigo irlandés dana- “galano, ofrenda, don, regalo”, provinte de raíces indoeuropeas como *do- “dar”, estaria por tras do misterioso Danan. Polo tanto o nome destes Tuatha De Danan de que falamos e que foron derrotados polos Gaels procedentes de Galicia/Brigantia significaría, ao meu entender, “O Pobo do Deus que fai as Doazóns”. Pro non me fagan Úrsula e Bruma moito caso porque eu lles son, en realidade, de Románicas.
Todos aqueles que quixeren colaborar coa súa opinión en NO FONDO DOS ESPELLOS poden escribir por correo ordinario a: ....
¿Este Méndez Ferrín es el destacado militante del FPG, partido que llenó de pegatinas y carteles toda la ciudad de Vigo durante las municipales, con preferencia por aquellos objetos del mobiliario urbano en los que está prohibido pegar carteles con el coste en limpieza que eso supuso a las arcas municipales?
ResponderEliminar¿Es el mismo cuyo partido apenas obtuvo 550 votos en las últimas municipales pese a intentar protagonizar las huelgas de la naval en sus carteles (o precisamente por eso...)?
¿Es el mismo candidato propuesto una y otra vez por los nacionalistas para ser Premio Nobel de Literatura y que una y otra vez no sale adelante?
No le demos relevancia a un tipo que no la tiene.
Sí tiene alguna más el vicepresidente naci de la Junta de Galicia, Ancho Quintana, quien ha soltado las siguientes frases lapidarias en relación al himno de Galicia (ese del que iban a celebrar el centenario pero que ni ellos sabían cuándo se había creado):
"Mentres haxa himno, haberá país"
"Oficializa os sentimentos de Galiza como país"
"Expresa a loita dun pobo na defensa da súa identidade e da súa lingua"
"Axitan o espertar de Galiza como nación" (no dijo "nazón", un error imperdonable...)
"Que non haxa ningún neno nin nena de Galiza que non coñeza e saiba cantar os versos do bardo de Bergantiños"
"Por desgraza somos herdeiros dunha terra que ten coñecido e padecido o autoodio" (aquí el autoodio de Méndez Ferrín y compañía)
http://www.vieiros.com/nova/60431/mentres-haxa-himno-habera-pais
En fin, si en vez de Anxo Quintana dijera Francisco Franco y si en vez del himno de Galicia se tratara del Cara al Sol, a uno la noticia no le sorprendería...
Y, por cierto, entusiastas de la gaita xD!
ResponderEliminarEs que es acojonante, de verdad.
Saludos