Como habíamos indicado en otra entrada de esta bitácora, emerge una nueva escuela de Economía que hace sombra a todas las grandes escuelas (Chicago, Viena, ...) que hasta ahora han ocupado, parece que inútilmente a los estudiosos. Se trata de la "Escuela de Allariz".
El cambio de "paradigma" se hace aún más visible con el nuevo nombre que recibirá la disciplina, en honor tanto al fundador de la misma ("Quin") como al nuevo método de análisis (equino). Es la "Equinomía".
La prueba de la vitalidad de la "Escuela de Allariz" es que el camino que ha iniciado Quin, el "fulget", ya tiene un continuador. Hablamos de Suárez Canal.
La contribución de Suárez Canal a la "Equinomía" está expuesta en una entrevista que concedió a La Opinión de Coruña del domingo día 6.
Señores, un documento para la historia (las preguntas en verde y las respuestas, naturalmente, en rojo):
"Estudiamos medidas fiscais para que saia caro ter a terra improductiva"
(...)
- Estreouse cunha das peores vagas de incendios forestais dos últimos anos. Déixeme comentar, porque é de xustiza, a decisión de publicar fielmente os datos que o Goberno anterior ocultaba.
-Era unha obriga que a xente coñecera a magnitude do problema, que non se producira ningún tipo de ocultamento, que se soubera cantos incendios hai, cuanto se queima. Do que non somos responsables é do tratamento informativo que os medios lle deron á nosa información. Unha maneira de axudar a que a xente conoza en profundidade a magnitude do problema é que teña os datos concretos. Eso, dende logo, foi un compromiso que adoptamos dende o inicio deste mandato.
-Galicia, vostede teno dito, non pode permitirse gastar 70 millóns en recursos de extinción e asumir perdas de 10 millóns ao ano por culpa dos incendios. Pero tampouco se pode descuidar.
-Que Galicia non se pode permitir gastar ano tras ano 70 millóns de euros en extinción, adicados exclusivamente a apagar incendios, é a expresión dun principio. Entre outras cousas porque é un gasto enorme que non se utiliza para producir riqueza. Pero somos conscientes de que o dispositivo, durante un tempo, mentres non sexamos capaces de reducir o número de incendios de forma significativa, terá que seguir sendo operativo. Agora, eso traduce unha idea: paulatinamente haberá que ir drenando recursos, efectivos humanos e moitos dos medios que se dedican á detención de incendios para destinalos a valorizar o monte e á prevención. Porque pensamos que eso é o que en realidade xenera riqueza, valoriza o monte e acaba producindo un resultado para o país positivo en termos de renda e de aproveitamento forestal.
-Como e cando pensan conseguilo?
-Como son medidas estructurales, nós dende logo pensamos que o que se van a ir notando son cambios de tendencia e que, ó final da legislatura, será percibido xa de forma significativa un cambio claro da tendencia. O que se trataría sería primeiro de políticas que puxeran en valor o monte hoxe improductivo, que é moito. O fundamental vai ser poñer en producción o que non está en producción. Vamos intentar, en colaboración coas comunidades de montes, ir poñendo en marcha ordenación para todos os montes que estén dispostos a facelo. E tamén reestructurando un pouco a estructura para facela xestión do monte máis viable dende o punto de vista económico. Vamos a intentar tamén facer proxectos importantes onde se combine o aproveitamento forestal co gandeiro, de tal maneira que haxa unha diversidade que poda propiciar que os pastos podan servir mesmo coma cortalumes. Vamos a intentar tamén preservar os núcleos de poboación obligando á xente a que realmente teña que ter as teras limpas, sobre todo as que está próximas ás poboacións. En definitiva, vamos a actuar para que o monte que está a monte, valga a redundacia, deixe de estalo. Eso creo que é o aspecto fundamental. Aí hai unha enorme riqueza e Galicia ten ademais un enorme potencial forestal e o que hai é que poñelo en valor, dedicarlle a eso esforzos actuando sobre a estructura da terra, sobre a estructura da propiedade, en contacto coas comunidades de montes e actuando sobre todo cunha ordenación que permita poñer todo eso en valor.
-Pensan nunca normativa específica, a través do banco de terras.
-Si. O banco de terras vai ser ademáis unha actuación transversal da Consellería. Non só vai servir para os recursos forestais senon tamén para toda a actividade agrogandeira. Pense vostede que hai técnicos que din que Galicia ten un potencial para o aproveitamento agrogandeiro tres veces superior ao que hai hoxe. Dito doutra maneira: só un tercio da superficie agraria útil galega está hoxe en producción; o resto non se utiliza para a producción agrogandeira. Moita dela está totalmente inculta, improductiva e hai que rematar con esa situación. Galicia non se pode permitir o luxo de ter unha parte importante da súa superficie agraria útil practicamente improductiva. E nós queremos actuar, queremos actuar facendo que a xente que ten a superficie agraria útil, a xente que ten monte totalmente abandonado, lle sexa custoso telo e que por tanto estea motivado a aportar esas superficies a un banco de terras que permita incrementar a base da terra de moitas explotacións. En explotacións leiteiras a capacidade de ter máis imputs propios en base á superficie forraxeira, nos montes a posibilidade de facer un aproveitamento forestal con economías de escala. E eso hai que conseguilo decíndolle á xente que ten superficie improductiva primeiro que lle vai a ser costoso, por distinto tipo de medidas, non descartamos incluso as fiscais, pero pode haber outro tipo de medidas, que efectivamente fagan costoso ter a terra totalmente improductiva, dándolle a garantía ademáis de que a administración asegurará que cando esa persoa queira poñer outra vez a súa terra en producción non terá dificultades para podelo facer e dándolle ademais a garantía de que ó mesmo tempo tire tamén beneficios. Hai que facer un cambio na estructura do aproveitamento agrario en Galicia e iso ten que ter un instrumento no banco de terras.
-En moitos asuntos, Galicia conta cun escaso marxe de manobra, especialmente en sectores como o do leite. Hai outro camiño que non sexa o abandono das explotacións?
-Nós pensamos que é necesario que haxa outro camiño, porque a contracción que sufriu o sector lácteo galego nos últimos quince ou vinte anos é de proporcións alarmantes. Pasamos seguramente de máis de 120.000 explotacións fai quince ou vinte anos a ter na actualidade entre 15 e 16.000. Non se pode soportar máis. Efectivamente, a política agraria común impón restriccións e limitacións importantes. A Galicia lle impediu crecer no terreo da producción e non significou en moitos casos nin siquera un incremento de renta agraria final, e nin sequera houbo cambios significativos na renda agraria por ocupado, o cal significa que esta contracción non significou unha dignificación da xente nos seus salarios e nas súas rendas. A eso é ao que hai que dedicar esforzos, a facer que as explotacións medianas en Galicia sexan viables incluso no monocultivo lácteo. E ter un horizonte tamén de que Galicia ten que aspirar a seguir crecendo na producción láctea. O Estado español hoxe é deficitario en producción láctea, estamos importando seguramente a cuarta parte dos productos lácteos que se consumen no Estado. Eso, aparte de ser inxusto, está lastrando de forma moi significativa o feito de que moitas explotacións poidan acadar unha dimensión que as faga consistentes. Por aí debemos de traballar tamén, para incrementar a cota, e intentar implementar modelos de aproveitamento en base á terra, a incrementar a superficie forraxeira, a economías de escala que permitan a colectivización de maquinaria e incluso de elementos administrativos que poñan as explotacións galegas nunha situación de que, mesmo no momento en que se produza a eliminación das cotas que seguramente se producirá dentro da política agraria, estean en mellores condicións para competir.
-A agricultura galega segue a perder peso en termos de PIB e de poboación activa e iso tense presentado como un indicador de modernización. Vai continuar esa tendencia?
-Eu non comparto que é un síntoma de modernidade un medio rural raquítico. Todos os países potentes na segunda metade do século XX, moitos dos que aínda siguen sendo hoxe potentes, non acreditaron nunca nesa filosofía e teñen un potente medio rural, aproveitando as súas vantaxes comparativas, porque na situación en que está o mundo é moi importante na xeopolítica asegurar para os seus cidadáns a soberanía alimentar. En Galicia, cun enorme potencial e cunha diversidade riquísima en productos da horta, en productos gandeiros, no leite, en denominacións de orixe, sin embargo hoxe se está imortando alimentos e na balancza comercial alimenticia Galicia é enormemente deficitaria. Nós aspiramos a corirxir eso.
-Que vai facer coa Sociedcade para o Desenvolvemento Comarcal e as súas Fundacións?
-A Sociedade de Desenvolvemento Comarcal e toda a estructura do desenvolvemento rural nós xa dixemos no seu día que era unha auténtica administración paralela cunha dudosísima utilidade. Nós pensamos reorientar todos os efectivos que hoxe están destinados ao desenvolvemento rural para que cumplan efectivasmente esa función, que non sexan administración paralela nin chiringuitos. Ten que pasar da época de facer estudios, análises e documentos a ser algo operativo sobre a realidade. Hai enormes recursos humanos que se teñen que poñer en ese dirección. As fundacións para o desenvolvemento comarcal en moitos casos tiveron unha funcionalidade máis de administración paralela -non todas pero si moitas- que de instrumentos operativos sobre a realdade socioeconómica. Pense vostede que se ían creando centros comarcales que eran edificios que costaban moitísimo diñeiro ao erario público e moitos deles son autenticamente inútiles ou inoperativos. Hai outros que non, pero algunos teñen unha dudosísima utilidade. Nós eso xa o paralizamos tamén ó inicio da lexislatura. Non se pode seguir despilfarrando diñeiro. As fundacións de desenvolvemento comarcal ou teñen unha funcionalidade nese sentido, ou dende logo nós non pensamos que podan seguir tendo o apoio da Consellería.
-A Consellería facía investimentos en piscinas. É tan chocante que roza a malversación de fondos...
-Non, malversación de fondos non, porque se fixo conforme á legalidade, pero realmente choca moitísimo nunha Consellería que ten que ter un dinamismo fundamental de cara ao medio rural, sobre todo coas carencias que hai hoxe no mundo rural galego. Nós non decimos que esas obras non sean necesarias nos concellos, pero dende logo non se poden imputar á actividade da Consellería de Medio Rural. Nese sentido queremos reorientar a política de investimentos na Consellería. Os investimentos teñen que estar destinados a dinamizar o tecido productivo, a fixar poboación ao campo, a dar expectativa de futuro, a crear rendas dignas. E dende logo pensamos que as infraestructuras que se fagan teñen que ter esa dirección. Polo tanto, non deben ter cabida nos investimentos nin piscinas nin prospeccións para campos de golf, nin restauración de núcleos de cascos históricos, nin aceras en núcleos urbanos, nin plazas públicas, que de todo houbo nas obras que acabamos de suspender.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Me quedo con las ganas de saber qué presiones van a hacer sobre los propietarios de tierras, además de las fiscales que anuncia este hombre; y cómo será lo de la colectivización de maquinaria, que parece divertido; y, en fin, cuál podrá ser el resultado de esta nueva escuela equinómica, que se propone el regreso a la Arcadia feliz (cada gallego una vaca por lo menos) a través del Boletín Oficial de lo que va a ser la Comuna Nacional Gallaéctica.
ResponderEliminarPero con todo, a mí lo que más digno de encomio me parece es la actitud del periodista- entrevistador; esa colaboración desinteresada con el gobernante, esa complicidad tan tierna, ese ir por delante de las respuestas del gran jefe, la verdad merece un aplauso. Tiembla Washington Post, tiembla Pedro Jota, que aquí en Galicia se está forjando el periodismo del siglo XXI... el de la servidumbre voluntaria.